SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O iPad chegará a España o 28 de maio

venres 7 de maio do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Tras un importante retraso no lanzamento internacional do novo trebello tecnolóxico de Apple por mor do seu espectacular éxito nos EE.UU., confírmase que a partir do vindeiro luns poderemos pedir o iPad a través da páxina web da compañía da mazá, aínda que non será ata o vindeiro 28 de maio cando chegue realmente a España o iPad tanto na súa versión Wi-Fi como na que tamén incorpora conectividade 3G (que incluirán a aplicación iBooks, que ata o momento só estaba dispoñible nos EE.UU.) a prezos que van dende o 479 aos 779 euros.
Concretamente os prezos do iPad serán de 479, 579 e 679 euros para os modelos Wi-Fi con 16, 32 e 64 Gb de capacidade respectivamente, aos que habería que engadir 100 euros ao seu prezo no caso de querer a versión con 3G, para a que Vodafone, Movistar e Orange lanzarán distintas tarifas de datos, aínda que só as dúas últimas publicaron polo momento as súas ofertas.
No caso de Orange, decidiron lanzar 2 tarifas prepago sen compromiso de permanencia, coas que os usuarios pagarían 3,5 euros ao día ou 35 euros ao mes, tarifas que incluirían un límite mensual de 250 Mbytes e 1 Gb de transferencia a partir do que limitarían a velocidade de descarga a 128 Kbps.
Movistar pola súa banda ofrece conexións mediante contrato con límites de transferencia de 200 Mb, 1 Gb e 5 Gb por 15, 25 e 39 euros respectivamente (nas que reducen a velocidade tras superar o límite contratado) e para os clientes de prepago cobra a 3 euros cada 30 Mbytes de transferencia (aínda que tamén poderán contratar un bono mensual de 1 Gb por 49 euros), destacando especialmente o feito de que os clientes que xa gocen dunha tarifa plana de datos de 25 ou 39 euros/mes para un iPhone ou outro smartphone, poderán solicitar unha tarxeta microSIM para compartir tal conexión co iPad, o que parece un interesante reclamo para contratar este tipo de conexións con Movistar.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS