O fundador da Wikipedia estreará un novo buscador en decembro

martes, 4 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Jimmy Wales, fundador da Wikipedia, anunciou hai meses que estaba a traballar no lanzamento de Wikia Search, que sería un buscador de Internet que destacaría por ordenar os seus resultados en función das opinións dos seus usuarios, de xeito que a opinión editorial das webs estaría creada por humanos e non por ordenadores.
O novo proxecto precisará dunha grande comunidade de usuarios para funcionar axeitadamente, e o seu lanzamento se producirá en decembro, aínda que non se sabe se os internautas acollerán esta iniciativa co mesmo entusiasmo que a Wikipedia, pois desta volta Wikia Search será un servizo financiado con publicidade, ou sexa, que ten ánimo de lucro.
Wales agarda que os usuarios contribúan activamente co novo buscador pois a súa actividade sería divertida, pero estará por ver se o sistema é susceptible á manipulación e á controversia, de xeito que as críticas sobre a Wikipedia poderían ser moito menores que as que recibiría o novo buscador.

PUBLICIDADE