O fondo tecnolóxico i2c xa ten destinados 4,16 millóns de euros a 4 empresas galegas

mércores, 1 de agosto do 2012 Redacción

Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano

Durante o Consello da Xunta que tivo lugar hoxe en San Caetano deuse conta do fondo tecnolóxico i2c impulsado pola Consellería de Economía e Industria para apoiar proxectos innovadores en sectores altamente tecnolóxicos para mellorar a competitividade das empresas galegas para o que Xesgalicia xestiona recursos orzamentados en 20 millóns de euros dos que levan investidos 4,16 millóns en préstamos participativos ás empresas Nanogap, Keramat, Scio Soft e Blusens, o que lles permitirá incrementar os seus cadros de persoal e impulsar as súas estratexias de internacionalización.
Podemos comprobar que entre as empresas citadas destacan as pertencentes ao sector TIC, como a coruñesa Scio Soft, á que se lle aprobou a concesión dun préstamo dun millón de euros para a produción de elementos de seguridade marítima no marco dun proxecto con alto contido de I+D, o que permitiralle incrementar nun 50% o seu cadro de persoal, que será de 12 persoas en 2016. Tamén Blusens Technology gozará dun préstamo participativo, que neste caso ascende a 1,5 millóns de euros para apoiar un proxecto de investimento en I+D, así como en novas instalacións de fabricación, o que permitirá que a empresa compostelá pase dos 149 empregados actuais a 157 en 2014.

PUBLICIDADE