O expresidente de Gowex comeza a declarar
luns, 14 de xullo do 2014
A empresa Gowex pasou os
dÃas pasados por boa parte dos medios tecnolóxicos e de Ãndole
xeral, e
non precisamente para salientar a fiabilidade das súas contas, tal e
como reflectimos dende Código Cero. Co inicio desta semana, a
compañÃa volve estar de actualidade co arranque das vistas
encamiñadas á clarificación dos feitos e das cifras que levaron a
Gotham City Research a pór en dúbida os datos económicos da
española Gowex e valorar o prezo da súa participación en cero
euros. Cómpre lembrar que a firma gabábase de ter acadado uns
ingresos de 182,6 millóns de euros en 2013, cifra que foi desmentida
por Gotham ao considerar que o 90% dos mesmos foron pura fachada.
Para aclarar todo isto Jenaro GarcÃa, fundador e expresidente de
Gowex, comezou
a declarar como imputado ante o xuÃz da Audiencia Nacional,
Santiago Pedraz. Supostamente, GarcÃa falseou as contas da empresa
durante polo menos os últimos catro anos.
As roldas de declaracións
por parte do fundador da compañÃa centrada en servizos Wi-Fi
comezou este luns pouco despois das 10.30 horas. Segundo fan saber as
axencias, o maxistrado solicitou previamente a GarcÃa que trouxera o
computador persoal e o teléfono móbil, aparellos que o que foi
responsábel de Gowex xa tentou achegar ao Xulgado os dÃas pasados
logo de recoñecer o pasado domingo a falsidade das contas da
compañÃa dende a súa saÃda a bolsa. Este feito, como lembraremos,
desencadeou entre outras cousas a perda de confianza no Mercado
Alternativo Bolsista no que a empresa cotizaba, por deixar en
evidencia a súa falta de control (ocasionando unha
caÃda das cotizacións das empresas en tal mercado de até un 23%).