O éxito en YouTube de Susan Boyle non está a ser capitalizado publicitariamente

venres, 24 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os vídeos de Susan Boyle son identificados en YouTube coma propiedade de ITV, pero non presentan publicidade

Procurando rendibilizar o éxito do programa televisivo Britain’s Got Talent, na súa presente edición buscaron un acordo con Google, de xeito que os cortes de vídeo sacados da emisión da canle británica ITV eran identificados en YouTube, facendo que se impedise a incrustación dos clips en páxinas web alleas, para unha mellor explotación publicitaria do que, grazas á sorpresa causada pola actuación da agora mundialmente famosa Susan Boyle, superaría xa os 100 millóns de reproducións (un dos moitos vídeos da actuación subidos a YouTube anda polos 42 millóns) e debería estar a xerar uns interesante beneficios para a canle televisiva, o que non está a acontecer porque mentres negocian os termos desta explotación con YouTube pediron que non se incrustase publicidade nos vídeos.
Ben McOwen Wilson, director de servizos en liña de TIV declarou que o fenómeno de Susan Boyle non debería limitarse ás condicións estándar de YouTube, o que resulta realmente abraiante, pois esta actitude podería terlle custado entre 1 e 2 millóns de libras esterlinas en publicidade non explotada, aínda que hai que recoñecer que para o programa televisivo e a canle que o emite o éxito que están a ter os vídeos na Rede supoñen unha publicidade impagable.

PUBLICIDADE