O español xa é a segunda lingua de uso en Google

mércores, 8 de agosto do 2007

Google comunicou en Buenos Aires (onde inaugurou sede o pasado mes de abril) que o español xa é o segundo idioma máis empregado no seu buscador, superando ó alemán, de aí que a compañía procure achegarse ó crecente mercado latinoamericano.
Actualmente máis da metade do tráfico de Google provén de fóra dos EE.UU., polo que o inglés xa non é a única lingua que interesa ó buscador, e aparte das linguas mencionadas, o xaponés e o alemán tamén teñen unhas porcentaxe de uso bastante significativas.

PUBLICIDADE