O escritor-blogueiro Marcos Valcárcel, Premio PEN Galiza 2009

mércores, 14 de xaneiro do 2009 Fernando Sarasketa

A literatura e o xornalismo de formato dixital veñen de recibir un novo pulo na nosa terra, cada vez máis atenta ás alternativas de escritura pola vía da Rede: máis accesibles, máis abertas á participación de segundos e terceiros, máis desprendidas de intereses editoriais de todo tipo. O pulo en cuestión, dado o coñecer onte mesmo, veu da man do xurado dun premio, o PEN Galiza 2009, e do seu gañador final, o escritor e historiador Marcos Valcárcel, un dos autores galegos que máis está a contribuír nos últimos anos ao afianzamento de novos recursos, códigos e formatos no eido da comunicación.
De feito, o galardón obtido recoñece en boa medida o labor desenvolvido no seu blog persoal, As uvas na solaina.
O club internacional de escritores salienta así a defensa a prol dos dereitos de expresión feita dende o devandito caderno en liña, amais da importante contribución do escritor-blogueiro a prol do espallamento nas redes da información dixitais das nosas letras e a nosa cultura.
Segundo informa Gznación, o xurado do PEN Galicia 2009 reuniuse onte e decidiu, por unanimidade, entregarlle o premio ao dito escritor e escultor. O xurado estaba integrado por Luís González Tosar, Gonzalo Navaza Blanco, Mª do Camiño Noia Campos, Marilar Aleixandre, Bieito Iglesias, Xesús Fraga e Xabier Castro Martínez.

PUBLICIDADE