O emprego de emuladores e a copia de DVDs serán legais en Estados Unidos (mais con condicións)

venres, 24 de novembro do 2006 Raquel Noya

En resposta a unha crecente demanda social, en Estados Unidos os órganos reguladores están a converter en legais algunhas actividades que até hai ben pouco non o eran; e non nos referimos ó consumo común de marihuana (aínda que podía ser), se non que se trata de cuestións como a liberalización de móbiles, o emprego de emuladores ou a copia de DVDs con obxectivos educativos, que serán excepcións legais a partir de agora e por un período de tres anos.
Por exemplo, os móbiles poderán ser liberados para seren empregados por calquera operador, os xogos ou sistemas que só funcionan en máquinas xa non se poderán comercializar e poderase violar a súa protección para emulalos e os DVDs poderanse copiar sempre e cando sexa con fins educativos, algo polo que viñan loitando de xeito importante os profesores; e tamén se poderá violar a protección dos libros electrónicos, sempre e cando as persoas que adquiran os documentos sexan persoas cegas.
A legalización destas medidas, das que se cadra tiñan que tomar boa nota as entidades de xestión en España, beneficia a moitos consumidores que, aínda que xa viñan realizando este tipo de accións, eran sabedores de que estaban tipificadas como delito.

PUBLICIDADE