O lector de e-books de Sony poderá acceder a medio millón de libros de balde

venres, 20 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Google Books conta na súa plataforma con máis de medio millón de libros de dominio público que poden consultarse de balde a través da Internet, e aproveitando este inmenso catálogo de obras libres de dereitos de autor dende Sony chegou a un acordo con Google para ofrecer estas obras en formato ePub para a súa lectura nos seus lectores de libros electrónicos Sony Reader.
Os documentos adaptáronse para estar correctamente aliñados e formatados para os Sony Reader, algo que non sempre garante a versión en PDF dos textos en Google Books, e supoñen unha interesante achega ao catálogo de libros para o lector de Sony, gañando así atractivo para os usuarios, que poden acceder a moitos máis contidos de balde.

PUBLICIDADE