O crowdfunding facilitará a produción dun documental sobre a creación de videoxogos en España

mércores, 21 de novembro do 2012 Marcus Fernández

A moda dos proxectos de crowdfunding está a ter moita forza no sector dos videoxogos, pero non só para desenvolver xogos, senón tamén para produtos asociados como unha novela baseada no clásico La Aventura Original e un documental sobre a creación de videoxogos en España, conseguindo este último xa o seu financiamento pese a quedar máis de 11 días para o seu remate. A peza audiovisual responderá ao título de Insert Coin, e parte dunha idea de JuanMiPerez e Víctor Frías, que pretenden amosar os currunchos do mundo dos videoxogos grazas á colaboración de numerosos estudos españois como Undercoders, DevilishGames ou Péndulo Studios.
O interese do público polo tema parece evidente, pois en 20 días conseguiron acadar os 5.000 euros que pretendían para producir este documental, e xa superaron os 6.000 euros, o que permitiulles marcar novos chanzos no seu proxecto, de xeito que agora buscan ampliar as súas intencións iniciais incorporando unha banda sonora completa e exclusiva á súa obra, incorporando máis contidos e incluso podendo chegar a mellorar o seu equipamento técnico para conseguir unha maior calidade do produto que gravarase nos primeiros meses de 2013 coa intención de estrearse en xuño durante a celebración do GameLab 2013.

PUBLICIDADE