O conversor de ficheiros das últimas versións do Office demórase na súa versión para Mac OS X

venres, 22 de febreiro do 2008

As últimas versión do Office para Windows e Mac OS X empregan novos formatos que non son compatibles coas versións anteriores do paquete ofimático de Microsoft, polo que en novembro xa publicaron unha actualización que permite a apertura de documentos creados polo Office 2007 en Office 2000, XP ou 2003 para Windows, mentres que ós usuarios de Office 2004 para Mac tiñan prometido un conversor semellante que parece que se demorará ata o mes de xuño, o que supón todo un quebradeiro de cabeza para os maqueiros.

PUBLICIDADE