O concurso de cartas de amor en español bate un novo récord de participación

xoves, 14 de febreiro do 2008 Raquel Noya

A organización do certame literario Antonio Villalba, que como cada ano premia á mellor carta de amor escrita en español polos internautas, vén de anunciar que dará a coñecer o fallo do concurso na tarde de hoxe xoves, 14 de febreiro, ás 20:30 horas no Café Pandora de Madrid.
O xurado desta sétima edición do evento que organiza a Escola de Escritores terá que escoller a mellor carta de amor de entre cinco finalistas que compiten por un premio de 500 euros e un lote de obsequios cualificados como “románticos” polos organizadores.
Este ano, o concurso superou o seu propio récord de participación cun total de 2.130 relatos procedentes de España e Latinoamérica escritos na súa gran maioría por mulleres.
As cinco cartas finalistas que se supón que expresan “algo novo, orixinal e verdadeiro sobre o amor sen resultar nin cursi nin tópico nin frío” (algo que comprobaremos a partires das 22:00 horas desta noite cando salgan publicadas na web do evento), son as seguintes:
- Mirando al río, de Luz Cano.
- Flores de nata, de Silvia Fernández.
- Asado de ternera, de Lola Sanabria.
- Querida amada mía, de Gabriel Barrios.
- Poeta asesinado, de Claudia Reina.

PUBLICIDADE