O concurso Sensores para todos terá unha nova edición grazas a IGACIENCIA e o Concello da Coruña
xoves, 17 de febreiro do 2022
IGACIENCIA
e o Concello da Coruña veñen de anunciar unha nova
edición do concurso Sensores
para todos, un encontro que ten a vontade de achegar a xente
nova á programación e ao uso das tecnoloxÃas electrónicas e
robóticas. Dicir que o dito concurso está encamiñado a grupos de
alumnos e alumnas de centros educativos de Educación Primaria até
Bacharelato e Formación Profesional de grao medio.
Deste
xeito IGACIENCIA e o Concello da Coruña colaboran neste concurso
patrocinando os premios que consisten en material de
informática-tecnoloxÃa para os centros educativos gañadores por un
importe máximo de 300 euros no caso do primeiro premio, e de 200
euros no caso do segundo.
Cómpre
informar que é posÃbel presentar propostas deica o 1 de xuño. O
concurso centrarase en experimentos con sensores con Arduino,
Raspberry Pi, smartphones e tabletas (Android ou IPhone) e Robots
Lego ou Mbot. Tamén aplicacións con GPS e mesmo Internet das
Cousas, conectando en rede e coa rede os sensores.
A
finalidade deste certame é darlle unha viraxe á función destes
materiais, por exemplo: facer recollida de datos (datalogging)
e representar os resultados de varios experimentos cientÃficos;
formular e responder con datos a varias preguntas; coñecer novas
leis cientÃficas; manexar Calc ou Excel para facer representacións
gráficas que permitan tirar conclusións dos datos recolleitos polos
sensores, entre outras cousas.