O certame de VÃdeos, Podcasts e Regueifas está aberto até setembro
mércores, 13 de maio do 2020
O certame
de VÃdeos, Podcasts e Regueifas organizado pola Asociación de Medios en Galego
a través do que busca que a mocidade teñan un maior achegamento á lingua galega
ten aberto o seu prezo de presentación, de xeito que tanto persoas individuais
de entre 12 e 30 anos de idade como aulas de ESO, Bacharelato ou Formación
Profesional poden presentar vÃdeos, podcasts ou regueiras que reflictan as súas
experiencias ao redor da lingua galega.
Este concurso busca dar unha visión alternativa e distinta ás mensaxes que
estamos afeitos a ter, ver e ouvir sobre o galego, promovendo unha vontade de
cambio ou de transformación social en canto á promoción do uso do galego. Tamén
se valorará que os contidos transmitan mensaxes solidarias, quedando totalmente
excluÃda a participación de traballos que promovan mensaxes violentas, denigrantes
ou ofensivas.
Para favorecer a súa difusión en redes sociais os vÃdeos e podcast non deben superar
os 4 minutos de duración. O material a concurso poderá presentarse até o 30 de
setembro, producÃndose en outubro as votacións que funcionarán como
procedemento de selección para que finalmente un xurado elixa os vÃdeos
gañadores, de xeito que só recibirán premio 4 pezas entre as 10 máis votadas.
O primeiro premio do certame serán 1.000 euros en metálico e un dÃa de rodaxe
coa produtora Vaca Films para unha aula de ESO, Bacharelato ou FP (ou grupo de
5 persoas elixidas polo autor do vÃdeo gañador); o segundo premio será unha
tableta valorada en 300 euros; e o terceiro premio será un móbil de última
xeración.