O centro AtlantTIC xunta arestora a experiencia e potencialidade de dez grupos universitarios galegos
luns, 30 de setembro do 2013
- A directora de AtlantTIC, Nuria González Prelcic
A
iniciativa AtlantTIC tivo
unha liña de saÃda inmellorábel: un punto de partida con espÃrito
de traballo colectivo. Trátase dun centro de investigación posto e
marcha ao abeiro da Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicación da
Universidade de Vigo e apoiado nun factor tan decisivo como a suma de
esforzos. O centro, que comezou a camiñar en 2010 xuntando as arelas
duns 150 investigadores (dez
grupos a dÃa de hoxe),
afronta agora o reto de terse convertido nun foco de coñecemento
arredor das TIC e de seguir atopando os camiños axeitados para tirar
partido do seu gran potencial. Para saber máis do pasado e do
presente de AtlanTIC reproducimos a continuación unha entrevista concedida pola
súa directora, Nuria González Prelcic, ao xornalista Xesús Peleteiro.
-Cóntanos
que é AtlanTIC...
-Nacemos
como unha agrupación de grupos de investigación universitarios, por
mor dunha iniciativa da Xunta de Galicia no ano 2008, e
constituÃmonos como centro de investigación
en 2010. Con esta estrutura podemos resolver algúns problemas que se
nos presentaban de xeito individual a cada grupo de forma común,
sobre todo en canto a tarefas de xestión de proxectos, de
comunicación ou de captación de talento. E ademais deste xeito
podemos cooperar entre os grupos como un todo, abordando proxectos de
I+D máis complexos.
-E
cales son as liñas principais de investigación de AtlantTIC?
Cubrimos
todas as liñas relacionadas coas
teleco,
desde radiocomunicación, procesado de sinal e enxeñarÃa
telemática. Somos dez grupos universitarios traballando en
AtlantTIC, e iso permÃtenos cubrir bastante ben todo o rexistro das
telecomunicacións.
-Non
sodes o único centro galego de investigación xurdido de grupos
universitarios, na Coruña hai outro como CITIC. Como é a vosa
relación con eles? Non hai certa competencia?
-As
liñas de investigación que están a seguir os diferentes grupos
universitarios que forman o CITIC non se solapan moito coas nosas, e
se nalgún intre se dera algún tipo de coincidencia non serÃa en
absoluto un problema. De feito, coido que o seguinte paso deberÃa
ser colaborar con eles, establecer canles de colaboración entre
ambos os centros. Creo que isto serÃa bo para a investigación en
TIC en Galicia, en realidade. O feito de que en Galicia haxa moitos e
moi bos grupos universitarios en canto a TIC pode facer que como
comunidade sexamos quen de situarnos moi ben nese novo programa
Horizonte 2020. O feito de poder colaborar con eles serÃa moi
interesante. Se puidésemos aproveitar as nosas potencialidades de
forma conxunta? Iso serÃa unha vantaxe enorme.
-Estamos
a falar de dous centros de investigación, pero non podemos esquecer
os centros tecnolóxicos? Que diferenzas hai entre o voso traballo e
o seu?
-Un
CI, máis polo miúdo AntlanTIC, está centrado na primeira fase, na
base da I+D, que é a Investigación Básica, aÃnda que nalgún caso
estea aplicada a un problema de base. Nesta fase non se pode vender
un produto, por asà dicilo. Estás aÃnda desenvolvendo as bases que
necesitas para avanzar na I+D. Un centro tecnolóxico, por exemplo
Gradiant, traballa nunha fase máis avanzada da I+D, nunha fase na
que xa hai coñecemento dispoñible. A través da I+D, os centros
tecnolóxicos son capaces de crear produtos. A diferenza básica é
que eles poden relacionarse dun xeito moito máis doado coas empresas
e traballar en paralelo con elas, para desenvolver o produto final
que se vai a comercializar. Isto é algo que non é -ou non deberÃa
de ser- un obxectivo prioritario da universidade, e por tanto
tampouco dos centros de investigación. Son os centros tecnolóxicos
os que deben facelo. Xa custa moito conseguir recursos para a
investigación na universidade como para dedicalos a outra cousa que
non sexa o coñecemento ou a investigación de base.
-Non
hai certo perigo de que se solapen proxectos ou investigacións que
deberÃan cubrir os centros tecnolóxicos? Mencionabas antes a
Gradiant, que é a referencia no que respecta ao voso eido e ademais
é o voso veciño...
-Non,
o contexto é de colaboración total. Como che dicÃa, cubrimos e
debemos cubrir partes distintas do proceso da I+D. Por definición.
Tanto os centros de investigación como os centros tecnolóxicos
deben de ser aliados, e isto é asà no caso de AtlanTIC e Gradiant,
que máis que outra cousa son colaboradores. AtlanTIC
nunca poderá traballar ao ritmo do mercado como traballa Gradiant,
nin poderá dispor do persoal de apoio do que si pode dispor
Gradiant, nin pode permitirse enfocar os seus esforzos noutro sitio
que non sexa a base da
Investigación e o Desenvolvemento.
É moi difÃcil soster todo iso cos fondos que podemos captar... Pola
súa propia natureza e pola xestión, que no caso da universidade
complÃcase por ser unha entidade pública.
-En
definitiva, falamos dunha forma moi diferente de relacionarse cos
mercados, non
é?
-Precisamente.
Ademais,
tampouco a tarefa da universidade ou dos grupos universitarios é a
de xerar produtos xunto ás empresas. A tarefa da universidade e dos
grupos universitarios é apoiar, si,
pero sempre
a través de traballos que poñan en valor a investigación de base,
non levar a cabo un desenvolvemento dunha tecnoloxÃa que xa se
coñece e entende, nin ser un departamento externo de I+D. Creo que
a transferencia
tecnolóxica
é algo que non nos compete como centro
de investigación,
e si a outro tipo de institucións ou de empresas por exemplo
Gradiant, dos que falabamos antes. Os centros
de investigación,
por definición, somos parte da Universidade. Nin podemos ter a
capacidade de xestionar todo iso como un centro
tecnolóxico,
nin na miña opinión deberiamos facelo.