O buscador Torrentz di adeus
venres, 5 de agosto do 2016
Tras o peche de
KickassTorrents por mor da detención do seu responsable, e pese á aparición
de moitos proxectos que pretenden coller o seu relevo, o panorama dos
buscadores de ficheiros compartidos na rede BitTorrent está a verse dun xeito
bastante pesimista, ao que contribúe o que está a pasar con Torrentz.com,
buscador que leva operando dende 2003 e que agora, cando realizamos unha busca
no sistema, atopamos como resultado unha mensaxe na que dise que “Torrentz
quereravos sempre. Adeus”.
Despídese así unha das páxinas web deste estilo máis veteranas, que agora
refírese a si mesma en pasado (na descrición que figura na páxina de inicio
dise que “Torrentz era un meta-buscador potente, rápido e de balde”, deixando
claro que o servizo xa non opera, aínda que o
seu responsable non quixo realizar comentarios ao respecto polo momento, polo
que descoñécese se foi unha decisión persoal ou atendeu a unha das moitas
ameazas xudiciais que reciben as persoas que están detrás de plataformas tan
polémicas por facilitar a vulneración dos dereitos de propiedade intelectual.