O bus da Xeración D desembarca esta fin de semana en Ribadeo
xoves, 24 de agosto do 2023
Os
autobuses da Xeración
D fretados por RTVE para incrementar as competencias dixitais
da cidadanÃa seguen o seu periplo pola nosa terra, centrándose
neste mes de agosto na provincia de Lugo. Logo da estadÃa da xira
nas Pontes, en Guitiriz, en Lugo, en Chantada, en Sarria, en Burela,
en Castro de Rei, en Mondoñedo, en Monforte e en Foz (que remata
este xoves), o bus recalará en Ribadeo, os dÃas 24, 25, 26 de
agosto de 2023, no parque de San Francisco, co seguinte horario:
xoves 24/08 de 17.00 a 20.30 horas e venres 25/08 e sábado 26/08 de
12.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 20.30 horas.
O
itinerario da Xeración D é unha campaña itinerante impulsada por
RTVE para mellorar as habilidades dixitais da cidadanÃa. Inclúe
xogos e actividades didácticas gratuÃtas que aspiran a axudar á
poboación a potenciar a dixitalización e pór freo á fenda
dixital. A frota de Xeración D está formada por seis autobuses que
están percorrendo a xeografÃa estatal a longo desta tempada
primavera-verán. As actividades son totalmente gratuÃtas e teñen
unha duración aproximada dunha media hora. O interior da unidade
móbil está equipado con tecnoloxÃa inmersiva que convida a
participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e
incentivar o desenvolvemento das competencias dixitais. A experiencia
é completamente personalizada e axústase ás necesidades de cada
usuario.
O
visitante comezará enfrontándose a un test autodiagnóstico que
permitirá coñecer o seu nivel de coñecemento dixital para despois
superar xogos e actividades variadas e de todos os niveis: desde
aprender a realizar unha procura óptima en Internet até fuxir das
novas falsas (fake news),
optimizar o uso das redes sociais ou xestionar a identidade dixital.
Ademais, o autobús contará cunha sala de escape na que os usuarios
terán que pór en práctica o aprendido se queren resolver o xogo e
lograr saÃr da sala.
A
campaña Xeración D está financiada polos Fondos Europeos Next
Generation a través da SecretarÃa de Estado de Dixitalización e
Intelixencia Artificial (SEDIA), dependente do Ministerio de Asuntos
Económicos e Transición Dixital. Trátase dunha iniciativa
enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que
recolle, entre os seus eixos estratéxicos, o reforzo das
competencias dixitais dos traballadores e do conxunto da cidadanÃa
coa creación do Pacto pola Xeración D.