O autobús da Rede de Dinamización chega a Cuntis

mércores, 4 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O autobús informativo da Rede de Dinamización da Sociedade da Información que comezou a súa viaxe por 15 concellos galegos o pasado xoves chegou hoxe a Cuntis, onde aparcou preto do Centro de Saúde, onde pasará toda a mañá, para trasladarse a diante do pavillón de deportes pola tarde. Mañá estará en Vilagarcía.
O autobús está equipado con ordenadores e conexións á Internet, para que a xente poida acceder á Rede libremente, á vez que tamén desenvolverán obradoiros, proxectarán vídeos sobre a Rede e repartirán folletos informativos e mesmo copias de Galinux, a distribución galega do sistema operativo libre Linux.
O programa de actividades en Cuntis é o seguinte:
De 11 a 12: chegada do bus e reparto de folletos e diversa información.
De 12 a 13: presentación da Rede de Dinamización.
De 13 a 15: horas de acceso libre ao equipamento do autobús.
De 16 a 16.30: outra presentación da actividade da Rede.
De 16.30 a 18: tempo de acceso libre ás instalacións do bus.
De 18 a 19: desenvolvemento do obradoiro de “Alfabetización dixital: Informática e Internet”.
De 19 a 20: presentación da iniciativa Memoria de Muller.

PUBLICIDADE