O arquitecto Carlos Pita Abad gaña o concurso de proxectos para rehabilitar a Fábrica de Armas como Cidade das TIC
venres, 11 de decembro do 2020
O reitor da Universidade
da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio
RodrÃguez del Corral, deron a coñecer esta mañá nun acto telemático que tivo
lugar na sede do Clúster en Santiago de Compostela, a relación de premiados do
concurso para rehabilitar a Fábrica de Armas como Cidade das TIC, asà como o
proxecto do primeiro edificio que se fará, o Centro de Servizos Avanzados
(CSA). No acto de apertura das plicas estaba a vicerreitora de Infraestruturas
e Sustentabilidade, Amparo Casares, e o secretario do xurado, o xefe do Servizo
de Arquitectura da UDC, Bernardo Lage Arias.
Ao Concurso de proxectos con intervención de xurado para a redacción
do proxecto, dirección de obras e traballos de seguridade e saúde do Centro de
Servizos Avanzados e estudo de detalle da rehabilitación da Fábrica de Armas
para a Cidade das TIC presentáronse 19 propostas, o que levou a que o xurado
propuxese unha segunda volta con sete delas. Nas reunións mantidas a primeiros
deste mes, o xurado decidiu que o primeiro premio fose para a proposta As
Found! que, abertas hoxe as plicas, resultou ser do arquitecto Carlos Pita
Abad; o segundo premio foi para o proxecto Motherboard, dos arquitectos José
Manuel Casabella e José Luis MartÃnez RaÃdo; e o terceiro premio acadouno a
proposta EGJIA 117, da arquitecta Elisabeth Abalo DÃaz, o xurado decidiu dar
unha mención especial á proposta DOOM 2020 dos arquitectos Irisarri Piñeira e
SabÃn Blanco.
A valoración arquitectónica que o xurado fixo do proxecto
gañador para o CSA destaca que «consiste nunha intervención respectuosa e
sincera, que pon en valor o existente e actualÃzao coa inclusión de novas pezas
e solucións que o activan e revitalizan. Valórase moi especialmente a nova
estrutura de madeira que se insire no patio central, sen que supoña un
obstáculo senón máis ben un acontecemento. O resto dos espazos son fluÃdos e
funcionais. Proposta moi posibilista e economicamente viable». Sobre a
cualificación espacial e funcional da parcela, recolle a acta do xurado que se «utiliza
o concepto do lema As found para elaborar unha metodoloxÃa de
intervención a todos os niveis, cun resultado moi ordenado e preciso, que
equilibra con acerto os espazos libres e as zonas construÃdas».
A ordenación da parcela propón «a creación dun gran parque
urbano onde se lea con facilidade a vella estrutura da Fábrica de Armas e como
esta se convirte na Cidade das TIC, nun lugar de carácter, amable, acolledor e
máis humano». A proposta de rehabilitación da Fábrica de Armas traballa sobre o
concepto de supermazá desenvolvida por Salvador Rueda e a Axencia de
EcoloxÃa Urbana de Barcelona, cun núcleo fundamentalmente peonil e tráfico
rodado perimetral de moi baixa intensidade. O modelo serÃa un hÃbrido entre un
parque inglés e un campus universitario americano, dándolle á árbore un
protagonismo arquitectónico, coa creación dun bosque.
Sobre o CSA, a primeira das naves que se rehabilitará,
proponse unha construción de 2.627 metros cadrados entre a planta baixa e a
entreplanta destinados a empresas TIC; e 2.069 metros cadrados para
laboratorios, aulas e zonas comúns (cafeterÃa, espazos de traballo informais,
instalacións...). O proxecto propón a potenciación da tipoloxÃa basilical do
edificio coa introdución dunha nova construción de madeira de 440 metros
cadrados, destinado a aulas, coworking, cafeterÃa e espazo informal.
Finalizado o acto de apertura das plicas cos nomes dos
premiados, o reitor felicitou aos gañadores e agradeceu a elevada participación
que puxo o nivel «altÃsimo». Abalde manifestou a súa satisfacción polo avance
deste proxecto que deixou xa de ser unha idea para ser unha realidade que se
materializará pronto. Para o presidente do Clúster TIC Galicia hoxe é un dÃa «para
felicitarmos por este novo paso no desenvolvemento da Cidade das TIC».
RodrÃguez del Corral confirmou que segue a rexistrarse unha alta demanda de
empresas por instalarse na Cidade das TIC.