O alumnado do CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol mergúllase na mercadotecnia dixital
luns, 3 de abril do 2023
A ConsellerÃa de Cultura e Educación, xunto coa Cámara de Comercio da Coruña, ofreceron o pasado xoves 30 de marzo, no CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol, un obradoro de adestramento profesional (coaching) e mercadotecnia dixital (digital marketing), a través do programa EduInspira, Experiencias que Inspiran.
Alumnos de diversos ciclos participaron no acto no que Eliana Oliveros destacou as ferramentas e capacidades que ten que ter unha persoa emprendedora, asà como os valores e beneficios desta opción laboral. A continuación, Ignacio de Miguel Matilla e Krisko Atienza, da consultora MuddleMetrics, explicaron o dÃa a dÃa dunha axencia de mercadotecnia dixital asà como as vantaxes á hora de emprender e retos de fronte ao futuro.