O almacenamento holográfico xa é unha realidade

xoves, 24 de abril do 2008 Marcus Fernández

O uso da holografía como sistema de almacenamento era algo que ata o momento só se vía en películas de ciencia ficción, pero InPhase vai converter tal tecnoloxía nunha realidade, comercializando o vindeiro mes discos holográficos de 5¼ con capacidades de entre 300 Gb e 1,6 Tb que precisarán dunha unidade lectora para acceder aos mesmos. Estes elementos terán polo momento uns prezos elevados (18.000 dólares) aínda que os discos de 300 Gb custarían só uns 180 dólares.
As lecturas e escrituras nestes discos se fan mediante dous lasers que ao achegar máis cantidade de información en cada acceso podería mellorar enormemente as capacidades de almacenamentos actuais así como as súas velocidades de acceso, o que aínda non sabemos se consegue o sistema que fabrica InPhase.
O que si promete a liña de produtos Tapestry de InPhase é unha vida dos datos almacenados de 50 anos, 4 niveis de corrección de erros, lectura e escritura sen contacto e velocidades de transferencia de entre 20 e 120 Mbytes/seg.

PUBLICIDADE