O Yahoo Messenger chega ao iPhone

mércores, 8 de abril do 2009 Marcus Fernández

Yahoo estreou esta semana unha versión do seu Yahoo Messenger para o iPhone, de xeito que o usuarios de iPod Touch e iPhone poden descargar de balde a nova aplicación para mandar mensaxes instantáneas e SMS aos seus contactos, con soporte de emoticonas, actualización do estado, administración de contactos e compartir imaxes (incluíndo as tomadas co iPhone).
Esta nova versión da aplicación semella a que xa existe para ordenador, aínda que non pode funcionar en segundo plano por limitacións impostas por Apple, aínda que mantén as conexións abertas durante 10 minutos, o que permite ausentarse por momentos para facer uso doutras aplicacións para o dispositivo móbil.

PUBLICIDADE