O Valedor do Pobo renova a súa web
mércores, 30 de xullo do 2008
O
Valedor do Pobo estrea páxina web coincidindo co primeiro
aniversario da súa toma de posesión do seu actual titular, Benigno López. A
renovada páxina web presenta tanto información institucional coma contidos
multimedia, pois inclúe unha fonoteca e unha videoteca cun
resumo das principais comparecencias do Valedor no Parlamento ou ante os medios
de comunicación.
Tamén é posible presentar queixas a través da propia páxina web, asà como
descargar un boletÃn
mensual informativo (en formato PDF) ou consultar os informes e as
publicacións realizadas por iniciativa do Valedor do Pobo.
Os usuarios rexistrados poden acceder a unha zona privada na que os reclamantes
poden avaliar a calidade da atención recibida por parte da institución e
agardan que no futuro (grazas ao DNI electrónico) se permite o seguimento da
tramitación de expedientes.
A nova web fai uso da nova imaxe corporativa do Valedor, e cumpre cos
estándares internacionais ao incluÃr contidos web accesibles (nivel AA) para
persoas con discapacidade. Os contidos tamén están accesibles en español e
galego.