O Sony Ericsson X10 actualizarase a Android 2.3.3
venres, 25 de marzo do 2011
Os usuarios de
móbiles Sony Ericsson Xperia X10 tiveron que padecer moitos meses unha versión
do sistema operativo Android que xa se consideraba obsoleta durante o
lanzamento do seu terminal (o que compensaba con certas aplicacións feitas a
medida), o que solucionaron hai pouco cunha actualización a Android 2.1, pero
as cousas non rematan aÃ, senón que agora sorprenden anunciando que están
a traballar nunha actualización a Android 2.3.3 que chegarÃa a primeiros dos
verán.
Moitos usuarios perderan a esperanza de poder gozar de actualizacións dos seus
terminais por estar a comercializar Sony Ericsson outros móbiles máis avanzados
pero, aÃnda que sexa con certo retraso, esta renovación do software dos Xperia
X10 suporá unha segunda vida para os móbiles, aÃnda que a un prezo, xa que a
actualización a Android 2.3.3 carecerá de aplicacións como a da cámara (que
destacaba polo recoñecemento facial), Mediascape (que será substituÃdo por
widgets e un reprodutor musical como xa acontece nos últimos móbiles de Sony
Ericsson), a aplicación de copias de seguridade de Sony Eircsson e incluso a
perda dos contidos protexidos por DRM que estean no terminal.
A nova actualización non chegará de xeito tradicional (polo aire) senón que
deberá de facerse a través dun ordenador e non terá marcha atrás. Amais, polo
momento só está planeada para o X10, de xeito que o X10 mini, mini pro e X8 non
contarÃan con Android 2.3.3 polo momento.
Nun principio Sony Ericsson non pensa lanzar actualizacións posteriores para os
Xperia X10, o que pode sorprender por ter saÃdo hai aproximadamente un ano,
pero se atendemos á competencia veremos que o soporte de actualizacións dos
sistemas operativos é moi inferior ao que deberÃa (pois é razoable pensar que
os móbiles terán soporte durante máis tempo do que dura o compromiso de
permanencia adquirido no momento da súa compra).