O Samsung Q1 Ultra contará cunha versión para estudantes no Reino Unido

martes, 18 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A entrada dos ordenadores portátiles de baixo custo no Reino Unido (coma o Asus Eee PC) levou a Samsung a preparar unha nova versión do seu ordenador ultraportátil Q1 Ultra (que son os que utiliza a Policía autonómica galega) enfocado a usos educativos que se venderá a 399 libras esterlinas (508,37 euros) fronte ós altos prezos dos modelos anteriores deste versátil equipo (que se vende en España por uns 1.199 euros).
O novo equipo sairá a finais do presente mes, e será unha alternativa moi interesante a equipos comoa o Asus Eee PC 900, pois cunha diferenza de prezo de 100 libras a mellora de prestacións é moi importante (o Q1 Ultra funciona con Windows Vista e ten pantalla táctil).
O novo modelo de Samsung tamén recurtará algunhas prestacións coma o tamaño do disco duro, pero é unha reacción moi interesante de cara á invasión de portátiles de baixo custo.

PUBLICIDADE