O SP3 para Windows XP xa ten datas de lanzamento

mércores, 16 de abril do 2008 Marcus Fernández

O agardado Service Pack 3 para Windows XP é xa inminente, e xa coñecemos as datas de lanzamento da actualización que suporá unha interesante mellora tanto en seguridade como en rendemento do veterano sistema operativo de Microsoft.
O 21 de abril estará dispoñible para OEM, propietarios de licenzas por volume e subscritores de MSDN e TechNet; o 29 de abril se pdoerá descargar manualmente a través de Windows Update, Microsoft Update e Download Center e o 10 de xuño pasará a incorporarse como actualización automática.
Este lanzamento por fases permite, entre outras cousas, detectar posibles problemas antes da súa instalación masiva en todo o mundo, de xeito que cando se incorpore automaticamente aos Windows XP actuais a actualización estará moi probada.

PUBLICIDADE