O’Reilly aposta polo desenvolvemento para o iPhone sen a supervisión de Apple

mércores, 26 de marzo do 2008 Marcus Fernández

En xuño o iPhone de Apple renovarase para incorporar aplicacións comerciais e gratuítas de xeito oficial, pero moitos continúan a pensar que iso non pecha a porta a desenvolvementos abertos, ou iso dá a entender a publicación do novo libro de O’Reilly, iPhone Open Application Development.
O texto cubre a liberación e instalación do subsistema BSD no iPhone, a programación para o móbil en Objective-C e tamén moitas técnicas e métodos válidos tanto para desenvolvementos oficiais coma alternativos. Se inclúen exemplos de cómo iniciar chamadas, acceder á cámara integrada ou amosar contidos co estilo Cover-Flow. Todo iso sen facer uso do SDK do iPhone, polo que parece que o móbil de Apple terá dúas comunidades de desenvolvemento paralelas: unha con software oficial (revisado e seguro) e outra con aplicacións abertas (ou non) que non se someterán ó control de Apple (coas vantaxes e inconvintes que iso supone).

PUBLICIDADE