O QlikView Fórum 2010 deixou bo sabor de boca en Compostela

martes, 9 de novembro do 2010 Raquel Noya

QlikTech, provedor de software que denominan “de Intelixencia de Negocio (BI)”, vén de celebrar en Santiago a súa última xornada do QlikView Fórum 2010, unha serie de eventos que se celebran anualmente en varias cidades da xeografía española e portuguesa para debatir sobre Business Intelligence.
O obxectivo destas xornadas residen en explicar, a través da experiencia de clientes da compañía, como é posible optimizar a xestión da información empresarial con QlikView para tomar, segundo afirman, “as mellores decisións de negocio”.
Na xornada de Santiago, QlikTeck uniu forzas con Auren, o seu partner de referencia en Galicia, e convidaron a Caramelo e ao Instituto Policlínico La Rosaleda, organizacións que xa implantaron QlikView “con gran éxito na xestión e análise da súa información”, segundo afirman.
Nesta xornada reuniron unha grande afluencia de público e numerosas entidades do país mostraron o seu interese por coñecer as vantaxes da última versión desta ferramenta, a QlikView 10.
Trátase dunha aplicación que permite acceder e manexar información fiable de maneira doada e rápida, o que reduce os custes operativos, ao tempo que incrementa a produtividade, mellora os fluxos de caixa e é de gran axuda na toma de decisións.
David Guitián, Director da Organización de Sistemas de Caramelo, explicou como QlikView unificou as diferentes fontes de información que manexaba a compañía, ofrecendo valiosas análises de negocio tanto para a sede central como para os puntos de venda.
Pola súa parte, Rafael Silva, xerente do Instituto Policlínico La Rosaleda, explicou o valor que aporta QlikView nun entorno sanitario “do máis alto nivel”.
Unha vez rematados os relatorios, Auren ofreceu unha demostración interactiva da ferramenta na que os asistentes puideron coñecer de primera man o seu rendemento para a xestión de datos.

PUBLICIDADE