O Premios Youtubeir@s 2020 incrementan a súa dotación económica

martes, 21 de abril do 2020 Marcus Fernández

Os Premios Youtubeir@s 2020, creados para fomentar a creación audiovisual en galego, contarán con numerosas novidades segundo recollen as súas bases, nas que podemos ver un incremento da dotación en premios (que medra até un total de 7.500 euros) á vez que elimina as categorías de vídeo-facermos e vídeo-opinarmos.
A nova edición dos premios está aberta a maiores de 14 anos que autoproduzan vídeos subidos a YouTube, podendo participar cun ou varios vídeos e/ou cunha canle, con contidos posteriores ao 27 de setembro de 2019, estando aberta a inscrición entre o 27 de maio e o 23 de outubro.
Os 12 premios desta edición recoñecerán a mellor canle, o/a mellor youtubeir@ e ao mellor vídeo cunha contía de 1.000 euros cada un; e tamén contará con 9 categorías menores nas que premiarase en cada unha a calidade lingüística, o impacto, a calidade técnica, a comunicación, a creatividade, a música, a didáctica, o carácter pioneiro e o apoio do público.

PUBLICIDADE