O Premio Nobel Wole Soyinka cualifica a internet de "gran monstro"

xoves, 15 de febreiro do 2007

O poeta, dramaturgo e novelista nixeriano Wole Soyinka, que en 1986 acadou o Premio Nobel de Literatura, foi un dos convidados especiais á XVI edición da Feira Internacional do Libro de Cuba, que reúne na Habana a unha boa parte do máis senlleiro da literatura universal de hoxe. Nesta cita, Soyinka cualificou a Internet como unha “gran ameaza” para o ser humano e asegurou que sería quen de premiar cun Nobel ó creador de Internet, porén sería logo para “penduralo, porque esa persoa, aínda que é moi intelixente e con enxeño, creou un gran monstro” (é abraiante a capacidade que ten a xente para pendurar ós demais, a fin de contas: que culpa terá o creador de Internet de que o ordenador se lle colgara mentres esculcaba páxinas que non debía?).

PUBLICIDADE