O Porto do Molle acolle o venres unha xornada sobre oportunidades de negocio aeroespacial

mércores, 3 de xuño do 2015 Redacción

Este venres 5 o Centro de Negocios de Porto do Molle vai dar acollida a unha xornada sobre as oportunidades de actividade que nos abren, ás empresas e profesionais galegos, as tecnoloxías ligadas ao Espacio. A xornada vén da man da Axencia Especial Europea en España, cuxo voceiro (Javier Ventura-Traveset) falará sobre as posibilidades da devandita navegación e, máis polo miúdo, do sistema Galileo, “unha extraordinaria ocasión para o desenvolvemento de aplicacións no sector aeroespacial”.
No relatorio trataranse tamén aspectos relevantes sobre a ESA e o sector espacial en España. Na xornada tamén intervirá Teresa Pedrosa, delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, e Francisco J. Diaz-Otero da Universidade de Vigo, quen presentará o concurso European Satellite Navigation Competition 2015 Galician Community Challenge, xa que é este profesor o punto de contacto en Galicia da organización do devandito concurso.
O ESNC Galician Community Challenge, do que é socio principal o Consorcio da Zona Franca de Vigo en colaboración co IGAPE e GAIN, é un concurso internacional de innovación que premia as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite sen importar o estado de desenvolvemento no que se atope o proxecto, servizo ou idea de negocio. Este concurso está dirixido a empresas, emprendedores, investigadores, estudantes, inventores, etc. Na xornada do venres explicaranse detalles relativos á participación no concurso, os premios, o calendario e os obxectivos.

PUBLICIDADE