O Plan concertado estrea ferramenta informática para axilizar a súa tramitación

mércores, 13 de abril do 2011 Redacción

Susana López Abella en rolda de prensa

Os concellos dispoñen este ano dunha aplicación informática, en soporte web, para facilitar a elaboración dos formularios de solicitude do coñecido como Plan Concertado, que se ocupa de financiar os servizos sociais comunitarios dos concellos e do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, e que inclúe tamén o Plan de desenvolvemento xitano. A nova ferramenta está a disposición das corporacións locais no apartado recursos do portal de Benestar.
A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, informou hoxe aos traballadores e traballadoras sociais de A Coruña (nos próximos días cos traballadores e traballadoras sociais das outras provincias galegas) da nova ferramenta e sinalou que a Xunta decidiu deseñar esta aplicación, na que se introducen os datos dunha única vez e na que os cálculos realízanse de xeito automatizado, permitindo unha correcta elaboración das solicitudes e axilizará o procedemento, ao diminuír, previsiblemente, o número de requirimentos de emenda que habería que enviar ás corporacións locais.
O coñecido como Plan Concertado financiará este año de maneira inicial con máis de 47 millóns de euros os servizos sociais comunitarios dos concellos, o plan de desenvolvemento do pobo xitano, e o servizo de axuda no fogar para persoas dependentes. As entidades locais poderán dispoñer de ata un 100% de anticipo para facilitarlles ás corporacións locais a tesourería suficiente para facer fronte aos seus servizos.

PUBLICIDADE