O Plan Único levará a Internet de altas prestacións a 3.120 familias e empresas de Fonsagrada

venres, 5 de xaneiro do 2024 S. P.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, realizou este 4 de xaneiro unha visita institucional ao Concello da Fonsagrada, onde mantivo un encontro co alcalde da localidade, Carlos López, con quen repasou os distintos proxectos no municipio, entre os que destacou a posta en marcha do Museo Antonio Fraguas “Forges”, que suporá, dixo, un revulsivo para o turismo e a economía da Montaña Lucense. Tamén puxeron o foco no proxecto para ampliar a cobertura de banda larga dispoñíbel para as familias e as empresas, recurso fundamental para evitar o proceso de despoboamento.
Respecto do dito museo, será, sinalaron, “o primeiro en toda España dedicado en exclusiva ao gran debuxante”. Ocupará a antiga Casa do Concello, que está a ser obxecto de rehabilitación con cargo ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de Entidades locais (PIREP) e que tamén acollerá a nova oficina de turismo, un salón de actos e diferentes espazos para usos municipais
No transcurso da reunión, o delegado supervisou outros proxectos que se están desenvolvendo no concello, como o plan para completar a extensión da banda larga no marco do Programa Único do Goberno, que vai permitir levar a conexión de Internet de altas prestacións a 3.120 familias e empresas que ata agora carecían deste servizo na Fonsagrada.

PUBLICIDADE