O Pentágono está a traballar en alternativas a BlackBerry

xoves, 14 de novembro do 2013 Marcus Fernández

A mala situación pola que está a pasar BlackBerry fai que moitas empresas estean a preparar xa a súa migración a outra plataforma móbil, e un dos grandes clientes da compañía canadense, o Departamento de Defensa dos EE.UU., vai seguir os mesmos pasos, e está a traballar en solucións para poder prescindir dos 470.000 terminais de BlackBerry cos que conta na actualidade, para poder facer uso de smartphones e tablets de Apple e Samsung dun xeito seguro.
Aínda que hai un par de meses dende o Pentágono aseguraban que manterían os seus acordos comerciais con BlackBerry, e estean a adaptar os seus sistemas para poder facer uso de terminais BlackBerry Z10 e Q10, xa recoñecen que teñen plans de continxencia que supón a apertura dos seus sistemas a dispositivos doutras compañías, evitando a dependencia dun único fabricante. De feito, o 31 de decembro xa comezaría a operar un sistema de xestión de dispositivos móbiles en fase de probas.

PUBLICIDADE