O Partido Popular estrea canle en YouTube

venres, 11 de maio do 2007 Marcus Fernández

Co inicio da campaña electoral de cara ó comicios municipais, o Partido Popular de España presentou a renovación da súa páxina web para dotala dunha aparencia máis audiovisual, non cesando a súa aposta polos foros, debates, artigos de opinión e encontros dixitais, cos que pretenden que os seus usuarios poidan acceder de xeito áxil e dinámico á información do partido, destacando os vídeos nos que se poderán seguir os mitins do PP e outros actos relevantes do Partido.
Os vídeos do PP, aparte de na súa web, tamén se poderán seguir nunha canle en YouTube, de xeito que se repetiría a iniciativa do PP de Galicia, que xa estreaba canle en YouTube a finais de abril.
Así, a campaña das eleccións municipais xa se entreou en vídeo:


O uso dos vídeos por parte dos políticos é algo que xa se está convertendo en habitual, non só en España, senón tamén en EE.UU., onde xa comentan que en YouTube, aparte dos vídeo creados polos usuarios, agora destacan os vídeos creados polos políticos.
En España aparecen tamén iniciativas como a da axencia VNews, que estreou unha sección especial na súa web dende a que se pode seguir en vídeos as novidades no tocante ás eleccións municipais, de xeito que permite consultar de xeito doado os vídeos tanto de PP e PSOE coma do resto de partidos, pretendendo converterse nun referente para os usuarios ávidos de facerse con información política nun tempo onde o audiovisual se impón ó texto.

PUBLICIDADE