O Partido Pirata entra na Eurocámara

luns, 8 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Rick Falkvinge e Christian Engströmr <a href="http://www.flickr.com/photos/billyr/3605476424/">celebrando a vitoria do Piratpartiet</a>Os resultados das Eleccións Europeas están a dar moito que falar na Internet, non polas lecturas que poidamos facer nos distintos países en chave local, senón polo feito de que o Piratpartiet ou Partido Pirata sueco conseguiu que o seu cabeza de lista, Christian Engström, vaia ser eurodeputado durante os vindeiros 5 anos, para defender a non persecución da copia e distribución de contidos protexidos por dereitos de autor sempre que sexa sen ánimo de lucro, apoiando tamén a abolición das patentes e un mellor control dos monopolios.
O partido fundado hai máis de 3 anos por Rickard Falkvinge para defender as liberdades dos internautas acadou o 7,1% dos sufraxios suecos, o que é todo un éxito se temos en conta que é a segunda vez que acoden a unhas eleccións (nos comicios estatais só acadaran o 0,63% dos votos).
A vitoria do Piratpartiet confirma que «hai moita xente que cre que a integridade persoal é relevante e que importa que abordemos de xeito correcto a Internet e a nova Sociedade da Información» a xuízo de Christian Engström, que tamén asegurou que usarán a súa forza «para defender a integridade persoal e os nosos dereitos civís».

PUBLICIDADE