O Papa achegarase á mocidade a través do móbil

mércores, 7 de maio do 2008

Durante a celebración do vindeiro Día Mundial da Xuventude o Vaticano empregará o envío masivo de mensaxes de texto a móbiles para achegarse aos mozos co gallo do encontro do Papa que este ano se celebra en Sidney (Australia).
O Papa remitirá estas mensaxes de texto durante os 6 días que dure o encontro para inspirar aos seus participantes grazas á colaboración da operadora australiana Telstra.

PUBLICIDADE