O PSOE tamén supera ó PP en número de seguidores a través de YouTube

martes, 11 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Os partidos contan con canle de vídeos en YouTube para achegarse ós internautas

Nas pasadas Eleccións Xerais a Rede xogou un papel importante e, curiosamente, podería empregarse coma presaxio do resultado final dos comicios se analizamos o seguemento que cada formación política tivo en servizos coma Youtube.
Deste xeito temos que a canle do PSOE no portal de vídeos de Google sumou 1.661 subscritores, mentres que o do Partido Popular chegou ata os 1.642, polo que se confirmaría una victoria dos socialistas tanto nas urnas como nos vídeos na web, aínda que en número de visitas que recibiu cada canle o PP ten unha lixeira vantaxe (aínda que iso podería vir provocado a que o PSOE conta cun servizo paralelo de vídeos na súa web a xeito de televisión).
Curiosamente a seguinte formación en número de subscritores sería Ciudadanos (que quedou sen representación parlamentaria). Tamén UpyD conseguíu un número de seguidores bastante importante (427), parello tamén co de Izquierda Unida (411), partidos que acadaron representación parlamentaria, e que superaron amplamente en YouTube a formacións coma o BNG (218), CiU (162) ou ERC (154), mentres que o PNV (44) e Coalición Canaria (31) quedaron en posicións sumamente modestas (por non dicir insignificantes).
Estes datos confirman que o interese dos cidadáns pola política non se reflexa na Internet, pois outras eleccións como as de Eurovisión captan moito máis público, e canles de YouTube como a da produtora do programa de Buenafuente supera os 2.700 subscritores.

PUBLICIDADE