O PSOE quere aproveitar as posibilidades da Internet na súa campaña electoral
martes, 27 de novembro do 2007
José Blanco, secretario de Organización do PSOE, presentou
onte a nova páxina web do candidato socialista á presidencia do Goberno de
España, José Luis RodrÃguez Zapatero, dende a que convidan ós cidadáns a
participar na elaboración do seu programa electoral. A web de campaña tamén
permite achegar preguntas ó candidato e ó seu equipo, que recibirán resposta
dende a mesma web.
- José Blanco durante a presentación de Lamiradapositiva.es
O novo espazo non será o único que empregará o PSOE para promocionar a súa
candidatura, senón que aproveitarán distintas canles na internet coma PSOE TV, YouTube,
Flickr e Facebook, de xeito
que pretende tirar o maior proveito posible destas plataformas tan populares
entre os mozos, para pescar asà votos entre un electorado máis indeciso e
propenso á abstención electoral.
Dende La Mirada Positiva poderase
atopar toda a información sobre as eleccións, o candidato socialista, o
partido, o programa e a campaña electoral, facilitándose a comunicación entre o
PSOE e os cidadáns.
Blanco
tamén confÃa na acción dunha rede composta por máis de 50.000 voluntarios ciberprogresistas que
axuden a difundir os valores da formación socialista valéndose da Internet.