O PSOE defende que só un xuíz poida bloquear contidos dunha páxina web

xoves, 27 de setembro do 2007

O Grupo Socialista no Congreso presentou 4 emendas transaccionais ó Proxecto de Lei de Impulso da Sociedade da Información coa que se pretende universalizar o acceso á Internet por banda larga e fixar que só un xuíz teña a autoridade de restrinxir os contidos dunha web cando haxa conflitos coa liberdade de expresión ou información.
Os socialistas afirmaron que «a maioría dos grupos apoiaron a inclusión» das propostas, de xeito que afectarían positivamente tanto para a liberdade na Rede como para a difusión da Internet.

PUBLICIDADE