O PPdeG denuncia que a TDT só chega ó 30% de Galicia

xoves, 5 de outubro do 2006

O grupo parlamentario do PPdeG denunciou a pasividade da Xunta e a inoperancia do Goberno central no tocante ó espallamento da TDT en Galicia que só chega ó 30% da poboación, polo que piden que a Xunta que “tome cartas no asunto” para evitar tal discriminación, que partiría da priorización na cobertura dos grandes núcleos urbanos e das áreas metropolitanas.
O deputado César Pérez Ares solicitou á Secretaría Xeral de Comunicación “un cronograma no que se detalle os prazos de implantación da TDT en cada un dos concellos de Galicia que, a día de hoxe, continúan sen dispor deste servizo”.

PUBLICIDADE