O P2P é chave para a popularidade dos grupos musicais

xoves, 14 de maio do 2009

Unha investigación da organización británica PRS for Music desvelou que as cancións pop máis pirateadas tenden a ser as que lideran as listaxes de popularidade, atopándose evidencias de que o P2P contribúe a que as formacións musicais novas ou independentes cheguen a unha audiencia, converténdose nunha rede de distribución musical comparable á das emisoras de radio.
Tamén constatouse que os usuarios tenden a descargar só temas coñecidos dos servizos de pago, mentres que nos que son de balde son máis proclives a descubrir novos grupos.

PUBLICIDADE