O Observatorio de Prezos axuda aos cidadáns a elixir onde facer a compra diaria

luns, 1 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A nova web permite comparar prezos segundo distintos criterios

Miguel Sebastián, ministro de Industria, Turismo e Comercio, presentou hoxe o Observatorio de Prezos do Comercio Minorista, unha ferramenta baseada na Internet que permite informar sobre os produtos de consumo e fomentar o aforro na cesta da compra dos cidadáns, que elixindo axeitadamente entre distintos establecementos nos que facer as súas adquisicións diarias poden chegar a aforrar a terceira parte os seus gastos en produtos de alimentación e droguería.
A nova páxina web compara 187 produtos de máis de 4.161 establecementos en 56 cidades españolas (entre as que están a 4 capitais de provincia galegas e Vigo), e pode resultar de grande utilidade para establecer novos ámbitos de consumo en tempos de crise, aínda que a poucos cidadáns sorprenderá que sitúe a supermercados coma Gadis ou Froiz en posicións de aforro (xunto con casos puntuais de Haley e Eroski) mentres que El Corte Inglés e Supercor estarían ao outro lado da balanza.

PUBLICIDADE