O Note7 volverá ao mercado coreano o vindeiro venres
luns, 3 de xullo do 2017
Hai
algo máis de tres meses Samsung explicou
os seus plans de reciclaxe dos Samsung Galaxy Note7 retirados do mercado,
entre os que estaba á posta á venda dunha serie limitada de smartphones aos que
terÃase retirado a súa baterÃa de 3.500 mAh para substituÃla por outra de 3.200
mAh, evitando asà os seus problemas incendiarios, e hoxe confirman que estes
teléfonos sairán
á venda o vindeiro venres dÃa 7 a un prezo de 699.600 wons (535 euros).
Este novo smartphone venderase co nome de Galaxy Note Fan Edition, deixando
claro que estamos ante un produto especial, que pretende satisfacer a demanda
dos amantes da gama Note de Samsung, que agora poderán facerse con este
atractivo teléfono a un prezo un 30% inferior que o de lanzamento, de xeito que
tanto será un produto recomendable tanto para os que non queiran esperar ao
lanzamento do Samsung Galaxy Note 8 (previsto para a volta do verán) como para
os que non queiran pagar o seu prezo completo (xa que o novo teléfono poderÃa ser
unha especie de Samsung Galaxy S8+ con dobre cámara traseira e stylus, de xeito
que o seu prezo poderÃa estar perigosamente próximo aos mil euros).
Por desgraza, polo momento o Galaxy Note Fan Edition ten a súa distribución
limitada a Corea do Sur, e aÃnda que está previsto que chegue a máis mercados,
aÃnda non se anunciou os paÃses nos que se distribuirá oficialmente.
- O Galaxy Note Fan Edition estará dispoñible en varias cores (negro, azul, prata e ouro)