O Nokia N900 anúnciase en galego

martes, 6 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Alberto García (Igalia) destaca no seu blog unha fotografía tomada por Marcos García en Lisboa, na que podemos ver unha marquesiña dunha parada de autobús anunciando o Nokia N900, o que destaca por ser pouco habitual ver publicidade dun produto baseado nun sistema operativo aberto, así como polo feito de que casualmente a publicidade da compañía finlandesa estea en galego (por coincidencia da frase «A túa web. Agora ao vivo» en galego e portugués).
É posible que en España poidamos ver esta publicidade en breve, aínda que teremos que conformarnos con ler os seus textos en español.

PUBLICIDADE