O Nodo 5G celebra o día 16 unha xornada sobre as tecnoloxías clave das novas redes móbiles

mércores, 1 de febreiro do 2023 S. P.

O novo centro cultural estará emprazado nos aparcamento subterráneos do que hoxe é o Edificio FontánO 16 de febreiro, en horario de 18 a 20 horas, vaise celebrar un evento para botar luz sobre a nova xeración de telefonía móbil, os beneficios que pon en xogo para cidadáns, administracións e empresas e as tecnoloxías das que podemos botar man para que eses beneficios sexan maiores e máis accesíbeis. Trátase dunha xornada organizada polo Nodo 5G da Xunta de Galicia, sobre dúas tecnoloxías claves da 5G, as tecnoloxías Network Slicing e Edge Computing.
Trátase, para quen non o saiba, dos principais paradigmas das redes móbiles de última xeración que permiten ás redes 5G brindar soporte a novos casos de uso con requisitos de taxa de latencia e confidencialidade moi estritos.
O acto retransmitirase vía streaming desde o Centro Gaiás Tech sito na Cidade da Cultura de Galicia.
Levarase a cabo tamén unha demostración práctica de como se empregan as tecnoloxías Edge Computing en escenarios de vixilancia de contornas protexidas, utilizando o exemplo dun dron autónomo 5G que emprega técnicas de Intelixencia Artificial para detectar intrusións automáticas.
Imparten a xornada os investigadores especializados en tecnoloxías 5G, David Candal Ventureira, Rubén Pérez Vaz e Alberto Estévez Caldas, que se celebra coa colaboración do Laboratorio 5G da Universidade de Vigo, a operadora pública autonómica RETEGAL e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
As inscricións poden facerse xa en formato online.

PUBLICIDADE