AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O Nexus One incorpora oficialmente soporte multi-táctil

martes 2 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Tras o lanzamento do móbil Nexus One auspiciado por Google as críticas parecían unánimes, posto que ninguén entendía cómo era posible que un terminal con pantalla capacitiva carecese de serie con prestacións multi-táctiles, de xeito que o que parecía só unha anécdota converteuse en toda unha eiva de cara ao público, e dende Google víronse forzados a rectificar, de xeito que publicaron unha nova actualización do software do Nexus One que permite o uso de dous dedos simultáneos para o uso do zoom en páxinas web, mapas e fotografías.
Pero esta non é a única actualización do móbil, que inclúe melloras de cara á conectividade 3G (que presentou problemas nalgúns terminais en zonas de reducida cobertura), introduce a Google Goggles no menú de aplicacións do móbil para poder realizar buscas web a través da cámara do terminal e actualiza Google Maps á última versión (que permite sincronizar os lugares destacados entre o PC e o móbil, facilita a localización de lugares polos que se realizaron buscas con anterioridade e incorpórase un modo nocturno ao seu navegador GPS, para facilitar a súa visualización con pouca luz).


Vídeo no que a xente de TechCrunch pon a proba as funcións multi-táctiles activadas a través da última actualización do Nexus One
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS