O Nexus 9 podería sorprender coa súa potencia

venres, 17 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Que a nova tableta de referencia de Google, a Nexus 9, chegue ao mercado a un prezo cun prezo de saída que incluso chega a ser lixeiramente superior ao do iPad Air, pese a ter un formato moi semellante, pode parecer bastante arriscado, pero este novo trebello fabricado por HTC podería ter esa confianza grazas á súa potencial se atendemos ás probas ás que foi sometida co test Geekbench acadou unha puntuación para un único núcleo de 1.903, o que sería semellante a un Mac Pro de 2012 (que acada unha puntuación de 1.933, aínda que ao empregar os seus 12 núcleos si supera sobradamente á tableta), mentres que un iPad Air quedaría en 1.462 puntos.
Estamos ante uns resultados impresionantes para un equipo que deixa claro así que a súa intención é poder funcionar como un ordenador persoal para labores de produtividade, aínda que o feito de funcionar con Android continúa a ser un atranco para tal fin.
Lembremos que o Nexus 9 ten unha pantalla IPS de 8.9 polgadas cunha relación de aspecto 4:3 e unha resolución de 2.048 x 1.536 píxeles, un procesador nVIDIA Tegra K1 de 64 bits a 2,3 GHz, 2 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, NFC, cámaras de 8 e 1,6 Mpíxeles, batería de 6.700 mAh (que permitiría traballar até 9,5 horas conectándose á rede mediante Wi-Fi), cun grosor de 7,95 milímetros e un peso de 425/436 gramos, e a posibilidade de mercar unha funda-teclado para facilitar o seu uso como ferramenta ofimática.

A funda con teclado pode converter o Nexus 9 nunha ferramenta ofimática

PUBLICIDADE