O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña inaugúrase oficialmente

venres, 4 de maio do 2012 Marcus Fernández

Os Príncipes de Asturias e o presidente da Xunta estiveron presentes na inauguración do MUNCYT coruñés

Esta mañá inaugurouse a sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) nun acto ao que acudiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e os Príncipes de Asturias, que fixeron un percorrido polas instalacións acompañados pola secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela, e o director do MUNCYT, Ramón Núñez.
Actualmente o MUNCYT coruñés, froito do investimento de 23 millóns de euros e varios anos de traballo, conta con 6 salas listas: a Sala Miscelánea (que amosa a diversidade da tecnoloxía), a Sala Maiúscula (con pezas grandes e emblemáticas), a Sala Patrimonio (con xoias tecnolóxicas da colección do MUNCYT), a Sala Innovación Español, a Sala Iberia (na que pode verse o Jumbo Lope de Vega) e a Sala Expos Interinas (cunha exposición temporal sobre o teclado QWERTY).
Mañá, aproveitando a celebración do Día da Ciencia na Rúa, o Museo terá unha xornada de portas abertas entre as 11:00 e as 19:00 horas, como anticipo á apertura de portas ao público en xeral o 1 de xuño (no resto do mes de maio tamén terán lugar distintas visitas para grupos previamente concertadas).

A nova instalación reforzará a oferta de museos científicos da cidade herculina
Ramón Núñez guiou aos presentes no acto de inauguración da nova sede do MUNCYT


A montaxe do Jumbo Lope de Vega no MUNCYT

PUBLICIDADE