O Moto G9 Plus aposta por unha baterÃa de 5.000 mAh
venres, 11 de setembro do 2020
Motorola
continúa a incorporar ao seu catálogo smartphones de gama media moi interesantes,
como o novo Moto
G9 Plus, que estes dÃas sae á venda no Brasil a un prezo de 2.249,10 reais
(357 euros), aÃnda que unha filtración de Orange Francia indicarÃa que no mercado
europeo venderÃase a 235 euros (cómpre lembrar que no Brasil hai grandes
imposicións aos produtos de electrónica de consumo que non se fabrican
localmente).
O Moto G9 Plus é un smartphone con pantalla Full HD+ de 6,8 polgadas con
soporte de HDR10, procesador Qualcomm Snapdragon 730G, 4 GB de RAM, 128 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB), cámara
traseira cuádrupla cun sensor principal de 64 MpÃxeles (capaz de gravar vÃdeo
en 4K) e un ultra grande angular de 8 MpÃxeles, cámara frontal de 16 MpÃxeles nun
orificio en pantalla, NFC, Bluetooth 5.0, Wi-Fi AC e baterÃa de 5.000 mAh con carga
rápida de 30 watts. Un produto claramente enfocado para quen busca un móbil 4G
cunha boa autonomÃa e queira fuxir das tÃpicas capas de personalización de
Android habituais en certos fabricantes chineses.